lunes, 25 de enero de 2010

campeonato provincial de cros escolar

INFORMATIVO DEPORTIVO.-
O vindeiro sabado día 30 de xaneiro as 10 h. da mañá dará comenzo no circuito permanente deportivo do Parque Avisoureira o Campionato Provincial de Cros Escolar.
A Xunta de Galicia a través do Servicio Provincial de Deportes acomete esta prova para mais de 700 nenos da provincia de Pontevedra que veñen a disputar o Cros Escolar desde todos os centros escolares provinciais.
As autoridades deportivas e políticas valoraron positivamente o Parque Avisoureira como un Centro dotacional deportivo de gran interés e que en breve se vai a dispoñer de outras disciplinas deportivas para que sexan disputadas en este entorno.
Esperemos unha xornada matinal deportiva con gran animación dos espectadores de cara os deportistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario