lunes, 25 de enero de 2010

benvida o diario

Desde a Asociación Artistico Cultural de GULÁNS, en un intento de sociabilizar o entorno que nos une e que as noticias que manan no noso curruncho donde vivimos sexan exparcidas por toda a rede para información, nostalxia e pasatempos, vamos iniciar unha andadura aperturando este BLOG que ben se pode chamar GULANS EN ANTENA.

Pretendemos que calquer veciño de Guláns, alá donde se atope, poida visitálo e estar o día co que pasa na bisbarra, acontecementos de interés social, cultural e veciñal. todo aquelo que pensemos sexa de novedade aquí tendrá cabida, non entraremos en política pero respetaremos asuntos que poidan contribuir a unha mellora parroquial.

Faremos o noso centro de traballo na Casa Cultural do Parque da AVISOUREIRA

Todos os días publicaremos os sucesos, óbitos, temas deportivos, culturais, festas, excursións etc. todo o que se nos ocurra, pero para elo será necesario unha extensa colaboración e participación no Blog Guláns en Antena de veciños que lles guste contribuir a unha mellora nas relacións sociales.

Así as cousas e desde aquí invitamos a calquera que queira participar se poña en contacto con algún membro da Asociación Cultural de Guláns en estas direccións:

Florencio Porto 651895221 fpprego@gmail.com
Eduardo Groba yoedugroba@hotmail.com
Alvaro Groba agvgulans@hotmail.com


Dito o anterior e con esperanzas de que nos sirva de aprendizaje en este mundo internautico o tempo de ser serviciales a cantos estan desexosos de coñecer anecdotas, nostalxias, asuntos e chismorreos da parroquia de Guláns, damos comenzo a nosa andadura.

Sorte a todos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario