lunes, 25 de enero de 2010

cea-baile de carnaval

O vindeiro día 13 de febreiro (data coincidente de carnavais e día dos enamorados) vaise a celebrar no Casa Cultural do Parque da Avisoureira en GULÁNS unha CEA-BAILE
Organiza a Asociación A. Cultural de GULANS en colaboración do Restaurante Novo Tunel
Amenizará a Cea un grupo musical.

En tanto a organización do evento solicita que se acuda disfrazado para poder participar no premio a parella co disfraz que represente estar anamoradísimos.

A Cea dará comenzo as 22 h. e terá un precio de 20 euros para os socios da Asociación Cultural e 25 euros para os que non sexan socios así como 10 euros para os cativos de hasta 13 anos.

Inscripcións ata o día 8 de febreiro ante calquer membro directivo da Asociación ou na Cafetería da Casa Cultural, tamén no Restaurante Novo Tunel en Ponteareas.

Animaros e non deixedes pa última hora dado que hai aforo limitado.

campeonato provincial de cros escolar

INFORMATIVO DEPORTIVO.-
O vindeiro sabado día 30 de xaneiro as 10 h. da mañá dará comenzo no circuito permanente deportivo do Parque Avisoureira o Campionato Provincial de Cros Escolar.
A Xunta de Galicia a través do Servicio Provincial de Deportes acomete esta prova para mais de 700 nenos da provincia de Pontevedra que veñen a disputar o Cros Escolar desde todos os centros escolares provinciais.
As autoridades deportivas e políticas valoraron positivamente o Parque Avisoureira como un Centro dotacional deportivo de gran interés e que en breve se vai a dispoñer de outras disciplinas deportivas para que sexan disputadas en este entorno.
Esperemos unha xornada matinal deportiva con gran animación dos espectadores de cara os deportistas.

benvida o diario

Desde a Asociación Artistico Cultural de GULÁNS, en un intento de sociabilizar o entorno que nos une e que as noticias que manan no noso curruncho donde vivimos sexan exparcidas por toda a rede para información, nostalxia e pasatempos, vamos iniciar unha andadura aperturando este BLOG que ben se pode chamar GULANS EN ANTENA.

Pretendemos que calquer veciño de Guláns, alá donde se atope, poida visitálo e estar o día co que pasa na bisbarra, acontecementos de interés social, cultural e veciñal. todo aquelo que pensemos sexa de novedade aquí tendrá cabida, non entraremos en política pero respetaremos asuntos que poidan contribuir a unha mellora parroquial.

Faremos o noso centro de traballo na Casa Cultural do Parque da AVISOUREIRA

Todos os días publicaremos os sucesos, óbitos, temas deportivos, culturais, festas, excursións etc. todo o que se nos ocurra, pero para elo será necesario unha extensa colaboración e participación no Blog Guláns en Antena de veciños que lles guste contribuir a unha mellora nas relacións sociales.

Así as cousas e desde aquí invitamos a calquera que queira participar se poña en contacto con algún membro da Asociación Cultural de Guláns en estas direccións:

Florencio Porto 651895221 fpprego@gmail.com
Eduardo Groba yoedugroba@hotmail.com
Alvaro Groba agvgulans@hotmail.com


Dito o anterior e con esperanzas de que nos sirva de aprendizaje en este mundo internautico o tempo de ser serviciales a cantos estan desexosos de coñecer anecdotas, nostalxias, asuntos e chismorreos da parroquia de Guláns, damos comenzo a nosa andadura.

Sorte a todos.